O Campus Industrial de Ferrol acolle o XIV Congreso de Estudantes de Podoloxía de Galicia

Lucía Martínez e Xuliana Lorenzo, presidenta e vicepresidenta do Comité Organizador do XIV Congreso de Estudandes de Podoloxía de Galicia, diante da Facultade de Enfermaría e Podoloxía do Campus Industrial de Ferrol onde estudan o grao en Podoloxía.

O Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol acollerá, este xoves 5 e venres 6 de marzo, a partires das 9:00 horas, o XIV Congreso de Estudantes de Podoloxía de Galicia. Nel, participará alumnado do grao en Podoloxía pertencente á Universidade da Coruña (UDC) e á Universidad de Léon, así como un bo número de persoas expertas neste campo procedentes de distintos puntos de España.

Un ano máis, o evento está organizado polo estudantado do 4º curso do grao en Podoloxía, titulación que se imparte na Facultade de Enfermaría e Podoloxía do campus ferrolán, en colaboración coa Asociación Galega de Estudantes de Podoloxía da Universidade da Coruña (AGEP UDC), nada en 2024.

Programa

O programa deste XIV Congreso de Estudantes de Podoloxía de Galicia inclúe, na mañá do xoves 5 de marzo, as conferencias da especialista do Equipo Internacional de Ortopedia Pediátrica e Método Ponseti Dra. Ey na Clínica
Diagonal, en Barcelona, Marta Vinyals; do CEO de Integral Biomechanics & Orthopodiatry (IBOP), a primeira EBC en Biomecánica e Ortopodoloxía da Universidad de Sevilla (US), José Manuel Castillo, ou do presidente de
Profesionales de la Podología Española (PROPODE), Alejandro Fernández.
Tamén se achegarán ata o Campus Industrial de Ferrol, ao logo desa mesma mañá, o xefe da Unidade de Pé Diabético da Universidad Complutense de Madrid (UCM), José Luis Lázaro; o podólogo da Clínica Felipe Basas, en Salamanca, Carlos Virosta, e o xerente da Clínica Podológica Vigil, en Oviedo, Manuel L. Vigil.
Xa pola tarde, a Facultade de Enfermaría e Podoloxía acollerá un total de 10 obradoiros teórico-prácticos impartidos, entre outros, polo podólogo e divulgador Manuel Vidal; polo CEO de GABA Podología & Movimiento, en Sevilla, José Gabriel Garrido; polos membros da ONG Podología Sin Fronteras, Antonio Muñoz e David Rodilla, ou pola directora da Clínica Podológica Martínez, na Coruña, Dolores Martínez;

O Taller de Ortopodoloxía, a Sala de Quiropodoloxía, a Sala de Moldes, a Sala de Exploración, o Gabiente de Quiropodia e a Sala de Biomecánica serán algúns dos espazos nos que se impartan boa parte destes obradoiros, unha proposta formativa na que tamén participarán a directora da Clínica Pousa o Pé, en Vigo, Débora Pousa; a podóloga na Clínica Podogal, na Coruña, Andrea Iglesias; a formadora no método NEC para a reconstrución das unllas, Mariana Mitran, e o podólogo, fisioterapeuta e osteópata Daniel Torres.

Para rematar, o programa do congreso, inclúe, para a xornada do venres 6 de marzo, as conferencias do director da Clínica Supié, en Valladolid, Héctor Alonso, ou do creador da marca Brain4Feet, Sergi Prades, entre outros.

Lea también

El alcalde de Ferrol defiende la concentración del miércoles como «un acto de apoyo a Ceuta y a los ceutíes»

José Manuel Rey Varela rechaza que sea un acto contra nadie: «No busca la exclusión, …