A Deputación entrega a AFAL Ferrolterra un vehículo adaptado

O novo vehículo mellora a calidade do servizo de transporte que ofrece AFAL ás persoas usuarias do seu centro de día.

Formoso, acompañado pola deputada de Política Social, Mar García Vidal, o presidente de AFAL, Carlos López, o vicepresidente e xerente, José Otero, a secretaria, Susana González, e a directora asistencial, Noelia Ríos

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, visitou este martes as instalacións da Asociación de familias de enfermos de alzheimer e outras demencias (AFAL Ferrolterra). O motivo da visita do presidente provincial á entidade foi a entrega dun vehículo de 9 prazas adaptado a persoas con mobilidade reducida, que axudará a AFAL ao transporte dos usuarios e usuarias do centro de día que xestiona.

O vehículo (unha Renault Master) supuxo un investimento de 55.000 euros e cubre unha das principais necesidades da asociación, que xa realizou unha petición idéntica no 2023, pero que agora, visto o incremento da demanda na prestación do servizo, volve realizar para seguir ofrecendo a maior calidade e comodidade ás persoas usuarias do seu centro de día.

Despois da entrega, Formoso, acompañado pola deputada de Política Social, Mar García Vidal, o presidente de AFAL, Carlos López, o vicepresidente e xerente, José Otero, a secretaria, Susana González, e a directora asistencial, Noelia Ríos, visitou o centro de día que a entidade ten na cidade de Ferrol. Neste espazo, a asociación presta atención a persoas con patoloxías de deterioro cognitivo, e Formoso puido coñecer de primeira man como funcionan as actividades e obradoiros de memoria que serven para retrasar os efectos das enfermidades que padecen as persoas usuarias do centro.

Visita ao centro de día que a entidade ten na cidade de Ferrol.

O presidente provincial destacou que “o apoio fundamental que AFAL supón para as persoas con Alzheimer e as súas familias” e lembrou que, na última década, na institución provincial “vimos colaborando cada ano con AFAL en adquisicións de vehículos como o que hoxe entregamos, pero tamén no desenvolvemento das actividades do seu centro de día e na mellora das súas instalacións”.

Pola súa banda, os representantes de AFAL agradeceron ao presidente da Deputación a súa implicación constante coas necesidades da entidade.

Lea también

El Hospital de día de salud mental del CHUF se sumerge en la realidad virtual con el proyecto Supermercado 4.0 de la UDC

Los usuarios y usuarias del Hospital de Día de Salud Mental del Hospital Naval del …