Aitor Vázquez gaña a modalidade de orquestra do XVI Premio Internacional ‘Andrés Gaos’ de Composición Musical

O xurado adoptou o acordo por unanimidade, destacando a “coherencia formal” e o “coñecemento técnico” percibido na obra gañadora. Cada unha das dúas vertentes do certame, consolidado ao longo de dezaseis edicións, está dotada con 6.500 euros.

Fuente diputación de a Coruña/ Finalistas e xurado XVI Premio Gaos

Ópera da Coruña coa Orquestra Sinfónica de Galicia, nas que se interpretaron as tres obras finalistas. Shunya, de Manuel Contreras, Ideograma, de Juan Cruz Guevara, e a mencionada Fenda. Despois da audición e da posterior deliberación, o xurado decidiu conceder o premio á obra de Aitor Vázquez, da cal destacou “a súa coherencia formal, a claridade nos xestos e o coñecemento técnico dos recursos da escritura orquestral”.

Con este fallo, o compositor convértese no gañador das dúas modalidades da actual edición do Premio ‘Andrés Gaos’, despois de que o pasado mes de novembro fose recoñecido tamén na categoría ensemble con Sonora – Unha fisura da poesía de Chus Pato. Cada unha das vertentes do certame está dotada con 6.500 euros.

O xurado do XVI Premio Internacional ‘Andrés Gaos’ de Composición Musical estivo presidido pola deputada de Cultura, Natividade González, e integrado por César Aires Oliveira Melo Nunes Viana, José Manuel López López, María Domínguez Pérez, Haruna Takebe e Juan Antonio Cuéllar Sáenz, actuando como secretaria Manuela Muñiz Souto.

O Premio Internacional ‘Andrés Gaos’ consolidouse ao longo das súas dezaseis edicións como unha referencia no ámbito da creación musical contemporánea, recoñecendo a traxectoria e o talento de compositores e compositoras de proxección estatal e internacional.

O gañador

Aitor Vázquez Torres (Jerez de la Frontera, 1993) estudou Composición en Madrid, onde recibiu o Premio Flora Prieto. Continuou a súa formación en varios países con profesionais de recoñecido prestixio.

En Galiza desenvolveu parte da súa traxectoria, tanto como compositor coma director. Desde 2021 participa como director principal convidado do Arxis Ensemble e a súa presenza é habitual en citas relevantes da creación musical contemporánea no país, como o Festival RESIS da Coruña, os ciclos Matinais Musicais da Casa da Cultura de Santiago de Compostela ou o propio Premio Internacional Andrés Gaos de Composición Musical, no que vén de resultar gañador nas dúas modalidades da súa XVI edición.

Lea también

A Deputación da Coruña financia o programa de actividades culturais da UNED

A Deputación da Coruña asinou un convenio de colaboración co Centro Asociado á UNED da …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *