O baile deportivo conquista Riazor na I Copa Deputación da Coruña

O Pazo dos Deportes de Riazor acolleu a I Copa Deputación da Coruña de Baile Deportivo, unha competición oficial que converteu a cidade herculina na capital galega desta disciplina e que reuniu máis de 300 deportistas procedentes de distintos puntos de España e Portugal. O evento encheu o recinto desde primeira hora da mañá e contou cunha intensa programación entre as 10:30 e as 21:00 horas, concentrándose as probas da Copa Deputación na franxa de tarde deste pasado sábado.

Fuente Diputación de A Coruña

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destacou o éxito desta primeira edición e o compromiso da institución provincial con todos os deportes da provincia, “desde os grandes equipos ata os clubs máis pequenos”. Subliñou que a incorporación do baile deportivo ao calendario das Copas Deputación reforza o obxectivo de “dar visibilidade a disciplinas espectaculares, con gran talento técnico e en pleno crecemento”, e anunciou a intención da Deputación de manter esta aposta no futuro.

Fuente Diputación de A Coruña
Fuente Diputación de A Coruña

Formoso destacou tamén o “ambiente excepcional” vivido no Pazo dos Deportes de Riazor, rexistrando máis de 4.000 asistenetes ao longo da xoranda que gozaron de música, enerxía e coreografías de alto nivel, e agradeceu a colaboración e implicación da organización, das escolas participantes e das familias que acompañaron ao alumnado e ás parellas competidoras.

Fuente Diputación de A Coruña

A responsable da organización e xerente da escola UPA Un Paso Adelante de Narón, Sandra García, celebrou a execlente acollida desta primeira edición e subliñou que é “a primeira vez que se organiza en Galicia un evento destas características, oficial e puntuable para o ránking nacional, cun acceso completamente gratuíto para o público”. Destacou tamén a elevada participación e a presenza de deportistas con traxectorias recoñecidas internacionalmente, “incluíndo campións e campioas do mundo”

A Copa, disputada baixo o regulamento da Federación Española de Baile Deportivo, contou cun panel de sete xuíces encargados de avaliar as coreografías mediante os sistemas skating e AJS, segundo a modalidade.

Fuente Diputación de A Coruña
Fuente Diputación de A Coruña

Gañadores e gañadoras da I Copa Deputación de Baile Deportivo

A organización fixo público o palmarés desta primeira edición da Copa Deputación, no que resultaron vencedores os seguintes deportistas nas cinco categorías oficiais:

Categoría 1: Single xuvenil + junior. Kateryna Chepeliuk Club Apolo Famaliçao. Portugal.

Categoría 2: Single Youth+ Adulto+ Senior. Noemí Cerdán García. CBD Un Paso Adelante Narón.

Categoría 3: Parellas juvenil+ junior. Raul Romero Sendón e Serena Díaz Toba. Club Arte e Movemento. Cee.

Categoría 4: Parellas Youth+ Adulto. Tomás Gomes e Lara Grigorean Academia Gindança. Portugal.

Categoría 5: Parellas Senior. David López Fernández e Jessica García Pérez. CBD Un Paso Adelante Narón.

Fuente Diputación de A Coruña

A xornada pechou cunha ovación do público aos participantes e co agradecemento da Deputación da Coruña a todas as escolas, clubs, deportistas e familias que fixeron posible esta primeira edición.

Lea también

Tres puntos muy luchados para el Valdetires Ferrol en Cáceres

Hasta casi el último segundo tuvo que sufrir el Valdetires Ferrol para conseguir la victoria …