Neda programa este venres “Ratiña”, unha curtametraxe sobre as consecuencias do bullying no ámbito familiar

A Casa da Cultura de Neda acolle este venres, a partir das 20 horas, a proxección da curtametraxe “Ratiña”. Unha autoficción, escrita e dirixida pola cineasta coruñesa Alicia Úbeda, que aborda o impacto do acoso escolar no ámbito familiar. Tras a presentación e emisión do filme, que suma recoñecementos, iniciarase un coloquio coa xente asistente sobre cuestións técnicas e sociais da película.

Ratiña” amosa unha cara menos coñecida das consecuencias do bullying. Trátase da soidade que pode sentir unha nena cando, ademais de pasar medo no colexio, non dispón das ferramentas precisas para pedir axuda na súa casa.

A curta, de 11 minutos de duración e escrita en galego, conta cun reparto encabezado por Carmen García, Sara Ferro e o recoñecido Luis Zahera, e pon ademais o foco nas figuras adultas que, por descoñecemento, non saben como acompañar emocionalmente aos nenos e protexelos.

Na actividade, incluída no programa “Outono das artes”, que promove a Deputación da Coruña, a directora falará dos elementos cinematográficos da curta e, posteriormente, abrirase un debate sobre aspectos sociais que reflicte (como identificar unha situación de bullying, como os conflitos da madurez ás veces poden tapar os medos dos nenos, a importancia da xestión emocional na casa…)

Lea también

Últimos días de inscrición na media maratón “Volta á Ría- Memorial Adolfo Ros”

Últimos días para anotarse na 39 edición da Carreira popular “Volta á Ría-Memorial Adolfo Ros”, …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *