CITES organiza en Ferrol a II edición do Concurso de Escaparate Comercial de Nadal

Tras o éxito e a excelente acollida da súa primeira edición, CITES FERROL, grazas á axuda de promoción económica do Concello de Ferrol, pon en marcha a II Edición do Concurso de Escaparate Comercial de Nadal da cidade.

Arquivo

A iniciativa, que o ano pasado contou cunha ampla participación e moi boa valoración por parte do público e dos comerciantes, busca continuar impulsando a creatividade dos establecementos durante unha das épocas máis especiais do ano. O obxectivo é conseguir escaparates atractivos e innovadores que capturen a atención tanto dos ferroláns e ferrolás como dos visitantes que se achegan á cidade no Nadal.

Nesta segunda edición, o igual que na primeira non é necesaria inscrición previa: todos os comercios que decoren os seus escaparates con espírito navideño serán automaticamente considerados posibles gañadores.

As bases poden consultarse na web e nas redes sociais de Cites Ferrol (@citesferrol). O premio consistirá nun diploma e 200 euros en vales de desconto de 5 euros, para repartir entre os clientes e aplicar nas súas compras no establecemento ata o 20/01/2026.

A organización realizará a súa selección, pero o público volverá ter un papel destacado. Poderá subir ás súas redes sociais unha foto do seu escaparate favorito de Ferrol co hashtag #escaparateferrol2025. Se a imaxe coincide co escaparate elixido polo xurado, a persoa participante recibirá un vale de 20 euros para utilizar no comercio gañador.

O veredicto do xurado comunicarase ao establecemento o día 28 de decembro e será difundido nos medios e nas redes sociais de CITES. A entrega do premio terá lugar no propio comercio antes do día 31 de decembro. A persoa gañadora do voto do público será informada mediante mensaxe privada a través da súa rede social.

cites escaparates ferrol

Lea también

Las entidades vecinales de Ferrol podrán solicitar ayuda al Concello para sus actividades en 2026

El gobierno municipal de Ferrol ha presentado este lunes en la comisión a los grupos …