As Darbukas Dacolá chegan a Ferrol á capela do Torrente Ballester

O público gozará este xoves 13 da fusión desta cultura con ritmos e melodías galegas.

O ciclo de Os Xoves da Capela volve este mes cunha nova proposta, esta vez a cargo da formación As Darbukas Dacolá, un grupo vigués con 13 aos de traxectoria e dous discos no mercado.

Actualmente está integrado por Rubén Pastoriza (solista, e toca a darbuka, o dag e o handpand), Fran Ferro (voz, e toca o riq e o daf persa), Marcia Vásconez (voz, e toca a doholla, pandeireta, zanfona e piano) e Nuria Lenda Moura (bailarina, transmite a enerxía sonora da banda a través do cor e o movemento).

O cuarteto ofrecerá unha viaxe de coñecemento da cultura oriental a través da música e a danza, explorando tamén a fusión desta con ritmos e melodías tradicionais galegas. Amosarán, así, a proximidade e afinidade que teñen ambas culturas, aparentemente tan distantes.

As Darbukas Dacolá xogan, tamén, a combinar estéticas sonoras medievais, modernas e tradicionais. Dende Marrocos ata Turquía, fan un repaso da riqueza sonora da cultura levantina, amosando gran variedade de instrumentos apenas coñecidos en occidente coma o daf, o riq ou a darbuka. O espectáculo comenzará ás 20:30 horas e ten unha duración de 75 minutos.

As entradas xa están á venta ó prezo único de tres euros na billeteira do Jofre e en Ataquilla.

Lea también

Entrega en Ferrol do XXII Premio Carvalho Calero, recuperado tras oito anos sen convocatoria

O Concello de Ferrol fixo entrega  do XXII Premio Carvalho Calero nun acto presidido polo …