A ASF súmase ó Día Mundial da Terapia Ocupacional que se celebra este lúns 27

A terapia ocupacional é unha disciplina que busca obter a mellor condición de saúde e de benestar na poboación, e instrumentaliza a súa intervención na ocupación do ser humano. Ademais, canto maior sexa a identidade profesional dun colectivo, maior será a calidade do proceso de intervención ofrecido. Esta profesión celebra este lúns o seu Día Mundial, e un dos terapeutas ocupacionais da Área, Miguel Ángel Talavera Valverde, quere pór o aceno no manifesto da profesión.

Xunta- fisioterapia

A terapia ocupacional na atención hospitalaria e no ámbito comunitario intervén por medio dun traballo grupal ou individual, virtual ou presencial coa ocupación e as actividades cotiás das persoas. Así, promóvese, prevese, modifícase, restáurase, mantense ou establécese o seu desempeño. Estes profesionais facilitan que as persoas poidan manter a súa actividade cotiá, e lograr unha mellor condición de saúde e sensación de benestar. 

Na Área Sanitaria de Ferrol-ASF, traballan un total seis terapeutas ocupacionais, entre os ámbitos da  Saúde de Mental, da Medicina Física e Rehabilitación, e na Rede Galega de Promoción da Saúde (Regaps Ferrol). 

Disciplina que acompaña

Ángel Talavera, que vén de ser nomeado hai semanas presidente do Comité de Ética e da Investigación e a Docencia da Universidade de A Coruña, pon o aceno no manifesto da profesión no día Mundial. A terapia ocupacional é unha profesión sanitaria incluída na Lei de Ordenación de Profesións Sanitarias, e é unha “disciplina que acompaña a persoas, poboacións, comunidades e organizacións na promoción, prevención, desenvolvemento, recuperación e mantemento do seu desempeño ocupacional”. 

O seu exercicio profesional permite estudar as actividades significativas da persoa ou poboación, realizar unha adecuada prescrición ocupacional e adaptar actividades e contornas, propiciando a máis adecuada condición de saúde. Facilita que as persoas vivan, traballen e participen plenamente nas súas contornas. Xunto con isto, enfócase en fomentar a autonomía, o equilibrio e a sensación de competencia ocupacional, así como a calidade de vida, a través de actividades significativas que consideran o contexto persoal, social e cultural de cada individuo. 

Ademais, busca xerar xustiza ocupacional, evitando situacións de marxinación, alienación e de privación ocupacional. O seu obxectivo, en definitiva, “é apoiar ás persoas para que poidan desempeñar as actividades que son importantes para elas, adaptándose ás súas necesidades e promovendo a súa inclusión en todas as áreas da ocupación”.

O Día Mundial da Terapia Ocupacional que se celebra hoxe día 27 de outubro é unha excelente oportunidade para “animar a todos os axentes implicados a buscar sinerxias.  Traballar xuntos para incorporar e reforzar a presenza da terapia ocupacional permitirá dar resposta ás demandas crecentes dun sistema sanitario, social e educativo cambiante, sen perder o enfoque na ocupación, que é o que dá sentido á vida das persoas”, remata o manifesto.

Lea también

Más de 38.000 gallegos participaron en el ensayo clínico de la vacuna frente al virus sincitial

Un total de 38.237 personas han participado en el ensayo clínico de la vacuna frente …