MercaNaVila supera as 30.000 descargas nas primeiras 72 horas da campaña

En só tres días, 31.113 persoas descargaron xa os seus bonos-desconto de 100 euros para mercar nos comercios dos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia, o que representa máis da metade dos 60.000 dispoñibles. O ritmo de consumo tamén está a ser satisfactorio, pois consumíronse máis de 1,2 millóns de euros do total de 6 que está presupostado para esta inicitiva. Os bonos-desconto de 100 € para compras en comercios locais poden descargarse enhttps://mercanavila.gal/

O programa MercaNaVila, impulsado pola Deputación da Coruña, superou nas primeiras 72 horas de campaña os 30.000 bonos descargados, o que supón a metade dos 60.000 dispoñibles. A cifra evidencia a excelente acollida cidadá desta iniciativa, que busca dinamizar o comercio de proximidade e apoiar o tecido económico dos concellos de menor poboación da provincia.

O ritmo de adhesión foi extraordinario dende o primeiro momento: en apenas tres días, 31.113 persoas descargaron xa nos seus móbiles os bonos-desconto de 100 euros, dispoñibles para realizar compras nos máis de 900 establecementos adheridos dos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia.

En suma, o ritmo de consumo tamén está sendo considerable. Nas primeiras 72 horas consumíronse 1.210.000 euros do total dos 6 que hai dispoñibles nesta iniciativa.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, destacou que estas cifras “confirman o éxito dunha iniciativa pioneira que combina innovación, proximidade e compromiso co territorio”. Engadiu que MercaNaVila “está a converterse nunha ferramenta eficaz para apoiar o comercio local e fomentar o consumo nos pequenos concellos, que son o corazón económico e social da provincia”.

Apoio ao comercio e á economía local

O programa MercaNaVila conta cun orzamento total de 6 millóns de euros, destinados a impulsar as vendas nos pequenos establecementos e fomentar o consumo nos núcleos rurais e urbanos de menor tamaño, contribuíndo así a fixar poboación e emprego.

A campaña permite que calquera persoa poida descargar os bonos, con independencia do seu lugar de residencia. Non é preciso vivir nun concello pequeno: os bonos poden descargarse tamén dende as cidades, pero as compras deben realizarse obrigatoriamente nas tendas adheridas dos concellos coruñeses de menos de 20.000 habitantes.

Funcionamento de MercaNaVila

Cada bono MercaNaVila permite descontos de ata 100 euros, aplicando un desconto directo de entre 5 e 15 euros no momento da compra. O obxectivo é facilitar o acceso a produtos e servizos de proximidade, ao tempo que se incentiva o consumo nos establecementos participantes.

A través da plataforma web oficial (https://mercanavila.gal/), as persoas usuarias poden descargar gratuitamente os seus bonos, consultar os comercios adheridos e localizar os establecementos máis próximos por concello ou sector.

Unha iniciativa con impacto real

A Deputación e a Federación Galega de Comercio coinciden en sinalar que o éxito da campaña “é un reflexo da confianza cidadá neste modelo de apoio directo ao comercio local”. O programa tamén está a recibir unha valoración moi positiva por parte das asociacións de comerciantes, que destacan o incremento de visitas e vendas nos primeiros días de campaña.

Formoso lembrou que MercaNaVila “non é só unha medida económica, senón tamén social, porque impulsa a vida nas nosas vilas, e pon en valor a importancia de mercar preto”.

Continuación da campaña

Os bonos poden seguir descargándose mentres haxa dispoñibilidade, a través da plataforma oficial de MercaNaVila, onde tamén se actualiza tamén diariamente o listado de comercios adheridos.

A Deputación anima á cidadanía a participar nesta iniciativa que une consumo responsable, e desenvolvemento local, contribuíndo a fortalecer o comercio de proximidade e o equilibrio territorial na provincia da Coruña.

Lea también

Ferrol cuenta con una nueva edición del programa integrado de empleo

Próximamente se abrirá el procedimiento de selección de 100 participantes. El concejal de Empleo y …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *