Uns 200 deportistas participan en Narón nos campionatos galegos de tenis de mesa

O concelleiro de Deportes de Narón, Ibán Santalla, e o presidente do Club Tenis de Mesa Narón, Fernando Montero, presentaron a vixésimo oitava edición do Campionato galego benxamín, a vixésimo oitava infantil, a trixésimo terceira sub 23 e e a trixésimo terceira veterana dobres de tenis de mesa, que se celebrará esta fin de semana, os días 11 e 12 de outubro, no pavillón Campo da Serra.

Os deportistas xogarán en dez mesas ao mesmo tempo, en horario de mañá e tarde nas dúas xornadas, de 10:00 a 14:00 e dende as 15:00 ata as 19:00 horas. “Esta é a primeira vez que se fai un campionato de dobres en solitario, polo que se verá como resulta con respecto a como se estaba facendo anteriormente”, apuntou Montero.

O presidente do club local indicou que este é o primeiro campionato galego da tempada e agradeceu a colaboración do Concello de Narón pola cesión das instalacións deportivas nas que se desenvolverá. Unha trintena de deportistas do Tenis de Mesa Narón participarán na convocatoria.

O edil de Deportes, Ibán Santalla, destacou tamén o traballo que leva a cabo o club e a súa dilatada traxectoria no tenis de mesa. Valorou o feito de que se programasen na cidade estes campionatos autonómicos e animou á cidadanía a acudir á cita para animar aos participantes.

Lea también

Ferrol acogerá en septiembre la 39ª Copa Galicia Sénior Femenina de baloncesto

Ferrol será la sede de la 39ª Copa Galicia Sénior Femenina de baloncesto, una competición …