Valdoviño acolle o Festival de Entes Animados

A zona exterior da casa da cultura acollía na mañá do venres 26 a primeira das funcións que este ano trae ao concello de Valdoviño o Festival Internacional de Entes Animados.

Nesta ocasión, a concellería de Cultura reservaba a representación para o alumnado do CPI Atios, que seguía con atención a obra «O urso que nâo era», da compañía portuguesa de Márcia Leite.

A peza está inspirada no libro homónimo de Frank Tashlin, e convida a reflexionar, entre outros temas, sobre a contaminación, a destrución do medio natural, a indiferenza ou a perda de identidade.

O festival continuará en Valdoviño este domingo 28, coa función «O Cabaleiro sen Cabalo» de Pizzicatto. Dirixida a un público familiar, terá lugar ás 12:30 horas na Porta do Sol, coincidindo co feirón mensual.

Lea también

Galicia Ártabra celebra su XV aniversario con una Gala en el teatro Jofre. Se entregarán los tradicionales premios «ártabros»

Un año más y van quince Galicia Ártabra celebra su aniversario recordando su primera aparición …