Axenda en Narón do 6 ao 10 de agosto de 2025

Mércores 6 de agosto de 2025

Actividade: Trofeo fútbol sala.  No estadio de Río Seco, Dende as 20:15 horas.

O Concello organiza en colaboración coa Sociedade Deportiva, Cultural e Recreativa O Freixo este torneo de fútbol, que disputarán o Fabril Deportivo e o Racing Club Ferrol.

Xoves 7 de agosto de 2025

Actividade: Gulliver Fest. Na área recreativa do muíño de Pedroso. Apertura da zona camper ás 10:00 horas.

O festival da cultura viaxeira Gulliver Fest comeza en Pedroso cun completo programa de actividades que se pode consultar a través da web: gulliverfest.naron.gal. O Concello, os padroados da Cultura e Deportes de Narón e a Asociación FurgoGalicia organizan este evento.

Venres 8 de agosto de 2025

Actividade: Gulliver Fest. Na área recreativa do muíño de Pedroso, de 09:00 a 03:00 horas.

Sábado 9 de agosto de 2025

Actividade: Gulliver Fest. Na área recreativa do muíño de Pedroso, de 09:00 a 03:00 horas.

Actividade: VII Bandeira de traiñeiras Cidade de Narón.Na Enseada da Gándara, dende as 16:00 horas.

O Concello e o Club de Remo Narón organizan este evento, no que participarán deportistas de once clubs, entre eles o local, que realizarán un percorrido de 5.000 metros, repartidos en catro longos, pola enseada da Gándara cara ao Puntal (Neda).

Domingo 10 de agosto de 2025

-Actividade: Gulliver Fest. Na área recreativa do muíño de Pedroso, de 09:00 a 23:00 horas.

Lea también

Intervención de los bomberos de Narón por un accidente en la carretera de Sedes a Pedroso

Los bomberos del Servicio de Prevención, Extinción de Incendios y Salvamento de Narón realizaron en …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *