A Deputación entrega os XVI Premios Rosalía de Castro de Lingua

A Deputación entrega os XVI Premios Rosalía de Castro de Lingua a Xosé Ramón Freixeiro Mato; Ponte nas ondas! e os proxectos CeibaRimas e Galego para peques.

A deputada de lingua, Sol Agra, fixo entrega dos galardóns, nun acto que contou tamén coa actuación musical de Faia  “É un orgullo premiarvos, porque vos sodes o premio de todas as persoas que amamos a nosa lingua” sinalou Agra.

A Deputación da Coruña fixo entrega o venres á tarde do XVI Premio Rosalía de Castro, convocado pola área de lingua da entidade provincial para recoñecer iniciativas, traballos e traxectorias comprometidas coa promoción e dignificación da lingua galega. Xosé Ramón Freixeiro Mato; Ponte nas ondas! e os proxectos CeibaRimas e Galego para peques foron os premiados, que recolleron os galardóns da man da deputada de lingua, Sol Agra, nun acto que contou tamén coa actuación musical de Faia.

A deputada salientou o traballo de todas as propostas premiadas, que “son parte, orgullo, manteñen o facho aceso, non se renden ás estatísticas nin ao pesimismo, e pertencen aos miles de persoas que son conscientes da importancia que ten actuar cando todo se pon en pon en contra”.

“E para iso”, engadiu, “naceron estes premios, para visibilizar, para dar a coñecer, para apoiar tamén economicamente, porque todo é pouco para gratificar o traballo que facedes pola nosa cultura e identidade, e ese é o noso compromiso mentres formemos parte desta institución que non pode lexislar”.

Sol Agra agradeceu o traballo dos premiados e premiadas, afirmando que é “un  orgullo premiarvos, porque vos sodes un premio para todas as persoas que amamos a nosa lingua. O voso traballo énchenos de esperanza e de gratitude; porque o voso esforzo, a vosa dedicación, a vosa defensa do noso ben máis prezado como nación, é para nós unha referencia, motivo de alegría e celebración”.

Posteriormente fixo entrega dos galardóns, unha obra orixinal de María Maquieira inspirada na fotografía de Rosalía de Castro realizada por María Cardarelly. As láminas levan o seu certificado de autenticidade pola volta e foron enmarcadas pola Asociación de apoio a persoas con problemas de saúde Mental A Creba.

O xurado, composto polas persoas premiadas o ano anterior, Pilar García Negro; Arcadio González, do Aquí tamén se fala e Mariló Candedo, da Nova Escola Galega e a técnica de normalización lingüística da Deputación Dores Sánchez, que actuou como secretaria no xurado, premiou ao filólogo e catedrático emérito Xosé Ramón Freixeiro Mato, na categoría A, para persoas; a Asociación Cultural e Pedagóxica Ponte… nas ondas!, na categoría B, para entidades,  os proxectos CeibaRimas e Galego para peques, galardoados ‘ex aequo na categoría C, a das iniciativas de dinamización para a poboación de menor idade, que reciben un premio de 5.000€ nun certame ao que concorreron 32 candidaturas.

Lea también

foto arquivo Slalon Concello de Moeche

Volve o Slálom Concello de Moeche ás rúas de San Ramón da man da Escudería Moeche

A cita co motor organizada pola Escudería Moeche (Asociación Automobilística Moeche) desenvolverase durante toda a …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *