AXF pon en marcha «Xogando coas Mans» un taller de lingua de signos para nenos CODA

A Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra AXF levou a cabo nos últimos días o seu novo proxecto “Xogando coas Mans”, un taller de lingua de signos dirixido a nenos CODA (fillos de persoas xordas).

Fuente AXF

A iniciativa tivo como obxectivo fomentar a comunicación en lingua de signos no entorno familiar e apoiar o desenvolvemento lingüístico bilingüe destes menores.

O obradoiro foi impartido por María López Carballeira, monitora de servizos á comunidade,  profesional cunha ampla traxectoria no ámbito da inclusión e a diversidade lingüística e o grupo de voluntariado da entidade.
  María utilizou unha metodoloxía lúdica e participativa que permitiu aos nenos e nenas aprender xogando, reforzando os seus vínculos familiares e culturais a través da lingua de signos.

Con esta actividade, AXF reafirmou o seu compromiso coa inclusión, o apoio á comunidade CODA e a promoción da lingua de signos como ferramenta esencial para a igualdade comunicativa. A acollida por parte das familias foi moi positiva, o que anima á entidade a continuar organizando accións similares no futuro.

Lea también

Equiocio Ferrol reforza o seu tradicional “Festival de mascotas”

Equiocio Ferrol acolle na súa xornada inaugural, prevista para o 31 de xullo, o seu …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *