A Deputación licita o tramo que completa os 36 quilómetros da Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle

A finalización da Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle, a primeira da provincia da Coruña e a máis longa de Galicia, está máis próximaO presidente da Deputación de A Coruña, Valentín González Formosovén de asinar a licitación das obras do último tramo que queda por executar, un treito de pouco máis de 3 quilómetros do total de 36 de senda ciclable e peonil que discorren entre Cerceda e Santiago sobre o antigo trazado ferroviario. A Deputación acomete este proxecto da man da Fundación dos Ferrocarriles Españois e con financiamento de fondos Next Generation EU a través do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.

Inaguración Via Verde

institución provincial dá así un novo paso para cumprir o compromiso que o propio Formoso adquiriu hai tres anos, cando na inauguración do tramo entre Cerceda e Oroso asegurou que se completaría o itinerario ata a capital de Galicia. Naquel momento, o presidente recordaba que o proxecto naceu no 2008, “pero quedou aparcado nun caixón e non se retomou ata o ano 2017, coa nosa chegada ao goberno provincial”.

A Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle aséntase sobre o trazado do ferrocarril entre A Coruña e Santiago que quedou en desuso tras a posta en funcionamento do eixo atlántico de alta velocidade. O tramo que se licita agora é o comprendido entre os puntos quilométricos 7+010, no lugar compostelán de Ramelle, e 10+180, situado na ponte sobre o río Tambre, no mesmo termo municipal. Trátase do denominado Tramo 2.1, de 3.170 metros e que une os outros dous: Cerceda-Oroso e o inicio desde a capital galega.

Inaguración Via Verde

Os traballos consistirán no acondicionamento da plataforma, cun ancho dispoñible de 3,5 metros, de xeito que queden separados os tráficos peonil e ciclista. A superficie para o paseo a pé será de terra, mentres que a destinada ao paso de bicicletas terá un dobre tratamento asfáltico.

Ademais da adecuación do propio trazado, o proxecto inclúe o arranxo de dous camiños rurais nas súas inmediacións. Un deles parte da estrada de acceso a Ramelle e o outro sae do núcleo do Castro para unirse á Vía Verde no punto quilométrico 8+560.

O proxecto contempla un orzamento de 279.342.22 euros e un prazo de execución de catro meses contados a partir do inicio dos traballos.

Lea también

El obispo, García Cadiñanos, le pidió al Papa «Una bendición especial para la diócesis»

El Papa León XIV recibió el pasado miércoles, por primera vez, al obispo de la …