Minuto de silencio en Narón polas dúas últimas vítimas de violencia de xénero en Galicia

A alcaldesa, Marián Ferreiro, presidiu no mediodía, ás 12.00 horas, deste venres 20, a concentración convocada ante o Consistorio na que se gardou un minuto de silencio en condena do crime machista que lle custou a vida ás dúas últimas vítimas de violencia de xénero en Galicia, Maritza Hellen, no barrio da Sagrada Familia da Coruña, e Marisol Costa, en Campo Lameiro (Pontevedra), ambas de 49 anos.

No transcurso da convocatoria, á que acudiron representantes da corporación local e persoal do Concello, gardouse un minuto de silencio en repulsa da violencia e como mostra de solidariedade coa familia e amizades da vítima. Os asistentes portaron unha pancarta co lema: “Contra a violencia de xénero” en respulsa e condena deste tipo de violencia.

Lea también

Narón celebra o XI Encontro de Rondallas e a XVIII Festa do Churrasco

Actuarán as rondallas Añoranzas, Só Elas, Lucero del Alba e Trobadores de Ares. A concelleira …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *