O Padroado da Cultura de Narón abre inscrición extraordinaria nos Campamentos Culturais de verán

Os nenos de 3 a 5 anos e de 10 a 12 interesados en asistir aos Campamentos Culturais de verán do Pazo da Cultura de Narón dispoñen aínda de prazas nalgunhas quendas para poder inscribirse.

Fuente Concello Narón

Con esta finalidade, dende o Padroado da Cultura abrirase un prazo extraordinario, dende este xoves 12 ás 8:30 horas ata o vindeiro martes 17 de xuño ás 13:30 horas, para realizar os trámites a través do enlace: https://sedeelectronica.naron.es/opensiac/action/eppublicacion?method=enter&te=AC, ou presencialmente nas oficinas do Pazo da Cultura de xeito presencial, de 8:30 a 13:30 horas de luns a venres.

No caso dos nenos de 3 a 5 anos hai algunhas vacantes nas tres quendas dos campamentos: do 30 de xuño ao 11 de xullo, do 14 ao 24 de xullo e do 28 de xullo ao 8 de agosto. No que respecta aos menores de 10 a 12 anos tan só queda algunha praza libre na última quenda, do 28 de xullo ao 8 de agosto.

A programación dos campamentos desenvolverase polas mañás, de 9:00 a 14:00 horas, podendo tamén solicitar servizo de madrugadores, a partir das 8:00 horas, as familias que o precisen. O prezo para poder asistir é de 80 euros por persoa e quenda. Os grupos dividiranse por idades, de menores de 3 a 5; de 6 a 9 e de 10 a 12, debendo ter cada grupo un mínimo de 12 e un máximo de 15 menores. Actividades lúdico-educativas como xogos tradicionais, xincanas, baile (tradicional, de salón, moderno, caribeños…), música (coñecemento de instrumentos tradicionais galegos) e teatro forman parte da programación que se desenvolverá nestes campamentos.

Así mesmo, inclúense obradoiros sobre reciclaxe e sostibilidade, festas tradicionais, actividades de relaxación e proxeccións de cine, completándose o programa con excursións pola contorna do municipio. A listaxe provisional de admitidos publicarase na Sede Electrónica do Concello este xoves 12 a partir das 10:00 horas.

Para formalizar a inscrición haberá que realizar o pago da taxa mediante transferencia bancaria –ata o 17 de xuño-, indicando o nome do menor, a idade e a quenda ou quendas seleccionadas e, unha vez realizado o pago, enviar o xustificante ao enderezo de correo electrónico: mc.blanco@naron.gal. Tamén se poderá pagar en efectivo ou con tarxeta bancaria os días 12, 13, 16 e 17 de xuño, en horario de 8:30 a 13:30, nas oficinas do Pazo da Cultura.

A lista definitiva será publicada na Sede Electrónica de Narón o día 20 de xuño.

Lea también

La academia de Baile All Dance Studio actúa este sábado 31 en Narón

El Centro Comercial Odeón acoge este sábado por la tarde la exhibición de la escuela …