A Oficina de Turismo de Narón permanecerá aberta ata outubro

A oficina de Turismo de Narón, ubicada no parque de Freixeiro, nas inmediacións da glorieta, abriu as súas portas, tal e como anunciou a concelleira responsable da área, Natalia Hermida.

O Concello solicitou novamente unha subvención á Deputación da Coruña, que lle concedeu, e con cargo á que se sufragarán os gastos de contratación de dúas persoas diplomadas en Empresas e Actividades Turísticas. A subvención concedida é para o tempo no que permanecerá operativa a oficina, durante catro meses segundo informou a concelleira.

As instalacións permanecerán pechadas os luns e os domingos pola tarde, no resto das xornadas o horario de apertura será de martes a venres entre as 10.00 e as 13.00 e de 16.00 a 20:00 horas; os sábados de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 e os domingos de 10.00 a 14.00 horas.

Hermida explicou que “as persoas que se acheguen ás instalacións disporán dunha completa oferta turística da cidade e tamén dos eventos que se desenvolverán durante estes catro meses na cidade”. A maiores de información local, tamén se facilitará outra relacionada co Xeodestino Ferrolterra-Rías Altas, do que forman parte varios concellos da comarca.

A atención telefónica co persoal da Oficina de Turismo, estará tamén disponible no horario de apertura, chamando ao número de teléfono 981 337 700 (extensión 2301).

Lea también

Últimos días en Narón para solicitar a participación no programa “Vacacións en Paz”

As familias interesadas en participar no programa “Vacacións en Paz”, impulsado dende a asociación Solidariedade …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *