Inscrición en Narón na actividade infantil “Para tocar a pandeireta…”

A Biblioteca municipal de Narón abre este martes 10 o prazo de inscrición nun obradoiro para nenos -a partir de 4 anos- encamiñado a descubrir o valor da tradición oral e musical a través dunha proposta participativa e divertida. “Para tocar a pandeireta…” é o nome desta iniciativa, que terá lugar este sábado ás 11:00 horas e que se enmarca na celebración do Día das Letras Galegas que este ano se adicou ás cantareiras tradicionais.

“A actividade é unha aposta máis do Concello por difundir entre os menores a cultura popular, algo que consideramos moi importante”, apuntou a concelleira de Bibliotecas, Olga Ameneiro.

Os nenos compartirán a experiencia das persoas que realizaron traballo de campo recollendo cantos, historias e saberes populares, e aprenderán xuntos cantigas con percusión tradicional. Durante a xornada poderán cantar, tocar e escoitar, coñecendo un pouco máis do noso patrimonio cultural e vivindo en primeira persoa o espírito das cantareiras.

Os menores deben ter o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendientes e as prazas poden reservalas dende mañá ás 16:00 horas de xeito presencial na Biblioteca ou chamando ao número de teléfono 981 372 173 no horario de apertura.

Lea también

Marián Ferreiro reafirmou o compromiso de Terra Galega con Narón na Festa do río celebrada en Pedroso

Algo máis de medio milleiro de persoas participaron este domingo na Festa do río de …