Presentación no Cimix de Narón do libro “El tranvía de Ferrol a Neda”, de Tomás Casal Pita

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, acompañou este xoves a Tomás Casal no acto de presentación do seu libro “El tranvía de Ferrol a Neda. Primera parte (1890-1939)».

O acto desenvolveuse na tarde de este xoves, ás 20:00 horas, nas instalacións do Centro de Información dos Muíños Industriais de Xuvia (CIMIX) e numerosas persoas acudiron a acompañar ao autor nesta presentación pública da obra, con ilustracións de Julio Ferrín e que se pode adquirir xa nalgunhas libarías.

Casal Pita realizou un repaso dende que comezou a escribir esta obra, hai uns sete anos e cun parón para traballar noutras publicacións que viron xa a luz.

O autor recordou a historia do tranvía nunha época concreta, do 1890 a 1939, da que xa avanza que é unha primeira parte; “Foi complicado o tema documental porque é escasa a documentación sobre este tema”, asegurou, recordando que a maior parte da mesma procede dos arquivos dos concellos de Narón, Ferrol e Neda, o ámbito territorial no que se centra o libro.

A alcaldesa felicitou publicamente a Casal Pita por esta publicación e recordou a súa intensa labor neste campo, tras publicar obras como “Árboles con historia, las 101 historias de árboles” e ser coautor xunto con Fernando Masafret de “La fábrica de Jubia y sus alrededores”, entre outros traballos.

É un orgullo poder desfrutar de traballos coma o de hoxe, que teñen un importante valor na historia da nosa cidade e, dobremente, por vir da man dun veciño de Narón”, recalcou Ferreiro. A rexedora local asegurou tamén que dende o Concello “estaremos encantados de presentar a segunda parte desta publicación en canto sexa posible”.

 

Lea también

BNG demanda que a Xunta exerza competencias para resolver a praga de moscas no Val, Narón

«Durante os meses de verán dos 6 últimos anos veñen producíndose pragas de moscas  na …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *