Esta fin de semana tivo lugar en Santiago de Compostela a Gala do Atletismo Galego que premiu aos mellores atletas galegos do ano 2024.
Nun auditorio cunha moi boa entrada, os distintos estamentos do atletismo galego xuntáronse baixo un gran ambente distendido na celebración deste acto que volvía celebrarse logo duns anos de parentese.
Iván Sanmartín, presidente da Federación, abría esta edición na que estivo agradecendo a todos a súa asistencia e poñendo en valor os grandes éxitos logrados polo noso deporte ao longo do 2024.
A continuación foron subindo ao escenario os distintos premiados e nominados entre os cales Carlos Estravíz, recibía a Placa Roman Docal a toda unha traxectoria coma xuíz.
A Gimnástica de Pontevedra en ambas categorías pola súa banda, recibía o recoñocemento como mellor entidade así como os adestradores Verónica Cores e Manuel Agueitos.
Momento emotivo foi a distinción ca máxima condecoración da Federación Galega a Isidoro Hornillos quen recibía «agradecido e orgulloso» este premio.
Os atletas olímpicos e paralímpicos en París-24 foron distinguidos ao igual que os seus adestradores e os xuíces que tomaron parte no certame olímpico, Dolores Rojas e Loreto Pérez
Ana Peleteiro e Adrián Ben, foron os galardoados como mellores atletas absolutos do ano 2024, ao igual que Ester Pedrosa e Juan Morales na categoría máster; Sabela Castelo e Hugo Casañas na Sub16; Aixa Corbacho e Asheber Díaz na Sub18; Aldara Meilán e Fernando Vallines na Sub20 e Xiana Lago e Hugo Vázquez na Sub23.
A Xunta de Galicia, as Deputacións provinciais así como Concello de Santiago recibiron tamén o recoñocemento do Atletismo Galego
Relación de premiad@s /Fuente Fedaración Galega de Atletismo