Conta atrás para a gran cita mundial da marcha en Cantones

Novamente, e fiel a súa cita, a máis importante competición de marcha en ruta a nivel mundial, volta ao icónico escenario de Cantones para disputar a súa edición trixésimo oitava.

Fuente Federación Galega de Atletismo

Será o vindeiro día 7 de xuño a partires das 17:00 horas cando podamos presenciar aos mellores marchadores e marchadoras actuais tomar parte no Gran Premio Internacional de Marcha Cantones de A Coruña – Trofeo Sergio Vázquez na que teñen confirmada a súa participación ata o momento un total de vinte catro paises en representación dos cinco continentes.

A máxima atracción desta edición será sen lugar a dúbidas a presenza da española bimedallista olímpica María Pérez, quen lembarmos lograba o título olímpico na capital francesa na proba de remudas mixtas xunto a Álvaro Martín, así como a medalla de prata sobre os 20K, e que ademáis ven de proclamarse fai unha semana, campioa de Europa nos 20 Km.

A delegación chinesa coma sempre será unha das máis numerosas en Cantones. Ata Coruña desprazase un total de vinte tres marchadores liderados pola campiona olímpica en París Jiayu Yang, xunto á cal,  virá unha das atletas máis lembradas e queridas en Cantones, Liu Hong quen protagonizaba na edición do ano 2015, o récord do mundo sobre a distancia dos 20 Km.

A maiores, entre a relación provisional destaca na categoría masculina a participación do italiano campión de Europa recentemente en Podebrady Massimo Stano, así como a do alemán Christopher Linke quen entraba por detrás do trasalpino acadando o subcampionato continental.

Categoría Ouro

O Gran Premio Cantones, forma parte da World Walking Tour 2025 que se celebra a nivel mundial polas principais cidades do mundo en vintetrés probas. En función da categoría, existen varios niveles no que o máximo é a categoría ouro da que forma parte a proba coruñesa desde os seus inicios. Xunto A Coruña están nesa máxima categoría as cidades de Taicang (China), Dudince (Eslovaquia), Río Maior (Portugal) Varsovia (Polonia), Podebrady (Rep. Checa) e Madrid.

A marcha galega representada polos seus principais valores

Outro dos focos importantes de atención neste certame será a presencia dos irmáns Antía e Dani Chamosa quenes recentemente protagonizaban un extraordinario campionato de Europa de marcha contribuindo decisivamente a que por paises, España lograra en ambas categorías o subcampionato continental.

En concreto Daniel, lograba a sétima posición cun nuevo récord galego na prueba dos 35 Km. con 2h.27:56 o que ademáis representa marca mínina de participación para os Mundiais de Tokio. Pola súa banda Antía, nunha gran actuación, lograba nada menos que a cuarta posición sobre os 20 Km. constatando as súas xa claras opcións de loitar directamente polos metais en calquer cita a nivel internacional. 

Lea también

El trofeo del Mundial femenino conquistado por España en 2023 se exhibe en Ferrol dentro de la iniciativa ‘Elas Xogan’

La plaza de la Constitución de Ferrol acoge este viernes una de las actividades de …