Inscrición en Narón nun curso de Operador de carretillas e plataformas elevadoras-PEMP con certificación UNE

A concellería de Formación de Narón, presidida pola edil Natalia Hermida, convocou dúas edicións dun curso de Operador/a de carretillas e plataformas elevadoras-PEMP con certificación UNE.

A convocatoria diríxese a persoas maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas no Concello de Narón, se ben poderán inscribirse persoas tamén maiores de 18 anos, desempregadas e empadroadas noutros concellos que accederán á acción formativa no caso de que non se cubran as prazas coas empadroadas en Narón.

Cada unha das edicións desta acción formativa conta con 10 prazas e as inscricións pódense tramitar dende este mércores 14 ás 8:30 ata o vindeiro 20 de maio ás 13.30 horas. As solicitudes deben presentarse no Rexistro Xeral do Concello, a través da Sede Electrónica de Narón ou polos restantes medios contemplados no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do 1 de outubro do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

Fot. archivo

Os cursos constan dun total de 50 horas (35 de certificación e 15 de módulos adicionais) e impartiranse nas instalacións do Centro Municipal de Formación Irmás Froilaz, na Gándara. As datas previstas de celebración son: a primeira edición do 27 de maio ao 10 de xuño e a segunda do 17 de xuño ao 3 de xullo, de luns a venres entre as 9.00 e as 14.00 horas. Operador/a de carretilla elevadora UNE 58451, operador/a plataformas elevadoras móbiles de persoal (PEMP) UNE 58923, módulos transversais de perspectiva de xénero, sensibilización ambiental e de TICs no sector e orientación laboral forman parte do contido destas accións formativas, que inclúen a maiores dúas charlas e visita.

O alumnado seleccionarase por rigorosa orde de inscrición e o listado provisional de admitidos, suplentes e excluídos publicarase na Sede Electrónica do Concello de Narón. O alumnado seleccionado será informado telefónicamente da súa admisión, para a confirmación da plaza.

Para recibir máis información pódese consultar a Sede Electrónica, ou contactar co Servizo Sociocomunitario Municipal no teléfono 981 337 700 (extensións 1108 e 1109).

Lea también

Odeón estrena la campaña ‘Prepárate para el calor’ en la que sortea 10 vales de compra de 50€

El Centro Comercial Odeón premia a 10 personas el próximo martes 20 de mayo, para …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *