A biblioteca de Fene Xosemaría Pérez Parallé festexa con monicreques o Día das Letras Galegas

Aberto o prazo de inscrición para asistir ao espectáculo «Güe-güe», de Barriga Verde, co que a biblioteca municipal de Fene conmemora este xoves, 15 de maio, ás 18.00 horas, o Día das Letras Galegas.

Nesta función de monicreques, dirixida a nenos a partir de 1 ano, “descubriremos nunha noite de lúa chea, que é un Güe-güe; para iso teremos que atopar algo moi pequeno e con moita imaxinación, e así, coa súa axuda, aprenderemos valores tan importantes como a igualdade e o respecto ás persoas e cousas que nos rodean”.

Reserva de prazas ata o xoves 15 de maio na biblioteca de Fene, de 16.00 a 21.00 horas, ben presencialmente ou por teléfono (981342302 / 607625346).

Duración do espectáculo: 45 minutos.

Organiza: Biblioteca Municipal Xosemaría Pérez Parallé (concellería de Cultura de Fene) no marco do programa Ler conta moito da Xunta de Galicia. 

Lea también

Iria Pinheiro trae ao auditorio de Valdoviño «Vitória, retrato dunha denuncia»

O espectáculo inclúese no ciclo municipal de teatro «Ven o Venres». O auditorio da casa …