Triatlón Ferrol acusa baixas e comeza a liga como penúltimo tras abandonar na Copa do Rei

Manuel Pozuelo non puido correr o sábado por problemas estomacais e o equipo, con só tres integrantes máis, tivo que retirarse.

Fuente Triatlón Ferrol

O Club Triatlón Ferrol sitúase na liga nacional de tríatlon de Primeira División en penúltima posición despois das dúas primeiras xornadas. Cun equipo condicionado polas baixas, tras un bo segmento ciclista na Copa do Rei, o conxunto ferrolán tivo que retirarse polo abandono de Manuel Pozuelo, con problemas estomacais.

Ao ser necesario cruzar a meta con catro integrantes, Iván Puentes, Hugo Prida e Marcos Ruiz non puideron continuar e, polo tanto, o equipo non puido puntuar.

Na segunda xornada, o campionato de España por remudas, Hugo Prida rematou a súa posta en 24a posición, Iván Puentes conseguiu colocar o equipo 17º e Marcos Ruiz cruzou a meta en 21a posición da clasificación xeral. En Primeira División, o Triatlón Ferrol foi 14º.

Lea también

Recepción ó equipo alevín do Club Balonmán Narón tras gañar a Liga de prata autonómica

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, e o concelleiro de Deportes, Ibán Santalla, recibiron no …