Aberto o prazo de inscrición na actividade “Unha noite no muíño…” programada na Biblioteca de Narón

Biblioteca de Narón

A concelleira de Bibliotecas de Narón, Olga Ameneiro, anunciou a apertura, este martes ás 16:00 horas, do prazo de inscrición na actividade “Unha noite no muíño…”, unha proposta enmarcada na celebración do Día das Letras Galegas.

A convocatoria desenvolverase este sábado, día 10, ás 11:00 horas e estará protagonizada por Caxoto Contacontos, que trae á cidade un espectáculo para menores a partir de 4 anos e as súas familias.

Os participantes viaxarán no tempo para coñecer a vida das cantareiras e, concretamente, das homenaxeadas este ano con motivo do Día das Letras Galegas: Adolfina e Rosa Casás Rama, de Cerceda; Eva Castiñeira, de Muxía e Prudencia e Asunción Garrido Ameijende e Manuela Lema Villar, as pandereiteiras de Mens, de Malpica de Bergantiños, ás que a RAG adica este ano o 17 de maio.

As persoas que acudan á convocatoria poderán descubrir de primeira man a orixe do baile e canto tradicionais galegos. As inscricións poden tramitarse de xeito presencial na Biblioteca ou chamando ao número de teléfono 981 382 173 no horario de apertura das instalacións.

Lea también

Narón cita a máis de 500 remeiros na enseada da Gándara coa III Bandeira de Bateis

A enseada da Gándara converterase este sábado día 14 a partir das 15:00 horas, nun dos …