300 rapaces disputan en Narón o Cto provincial de dúatlon escolar ó aveiro de Xogade

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou na entrega de premios do campionato provincial de dúatlon escolar que se levou a cabo no polígono das Lagoas, en Narón. A proba, organizada polo club AD Náutico Narón, desenvolveuse ao abeiro do programa Xogade (Xogos Deportivos Galegos en Idade Escolar) para o curso 2024/2025 que promove a Secretaría Xeral para o Deporte.

A representante da Xunta destacou a importancia da práctica deportiva nas categorías de base de cara a afianzar hábitos de vida saudables e trasladou as súas felicitacións non só aos gañadores das diferentes categorías (benxamín, alevín, infantil e cadete) senón aos 300 deportistas de preto dunha vintena de clubs da provincia clasificados nas fases previas que participaron na competición.

O programa Xogade agrupa toda a oferta deportiva e lúdica promovida pola Administración galega (escolar e federada) co obxectivo de levar a actividade a todos os concellos e brindarlle á rapazada a posibilidade de practicar e competir cos clubs e centros educativos
de toda a comunidade galega.

A de dúatlon é unha das 16 modalidades convocadas dentro da actividade deportiva escolar de Xogade este curso xunto ás de atletismo en pista, bádminton, baloncesto, balonmán, cros, encontros multideportivos, fútbol sala, multixogo 6-8 anos, natación, orientación, patinaxe artístico, tenis de mesa, voleibol, xadrez e xogando co atletismo.

Lea también

Derrota sin consecuencias del BBCA masculino en su visita al Ensino

Intrascendente derrota del Costa Ártabra masculino en su visita al Ensino, en un anodino encuentro …