O BNG de Narón insta ao goberno municipal a mudar a ordenanza de ruídos e vibracións.

Bng de Narón portavoz-Olaia Ledo

A Ordenanza que regula a actuación municipal en Narón dirixida a protexer ás persoas e bens contra as agresións producidas pola enerxía acústica nas súas manifestacións máis representativas: ruídos e vibracións, non permite o emprego de ningún dispositivo sonoro con fins de propaganda, reclamo, aviso ou espallamento.

As entidades asociativas farían uso moitas veces dos autofalantes para achegar a información á maior parte da veciñanza, convocándoos a unha asemblea, a un acto público… se isto estivese permitido, previa autorización, e non fose motivo de sanción, polo que desde o BNG instan ao goberno municipal, mediante unha moción que presentan para o seu debate en pleno, a mudar este punto na ordenanza municipal e permitir, de xeito regulado, o uso de dispositivos sonoros.

Lea también

Unha unidade móbil de ADOS visita Narón esta semana

Unha unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) estará este xoves …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *