Ares remata coas obras dos camiños municipais de O Castro, A Pena e Louseira

A intervención renovou os pavimentos dos tres viarios cun novo aglomerado, ademais de ampliar o ancho nas marxes e reacondicionar as bocas dos pozos de saneamento. Os traballos supuxeron un investimento total de 113.821,08 euros asumidos entre o POS+2024 da Deputación e as arcas municipais.

A concellaría de Urbanismo de Ares vén de informar da finalización dos traballos que se estaban a acometer en tres camiños de titularidade municipal, nomeadamente os de A Pena e Louseira, na parroquia de Cervás, e Os Castros, rematando así coas irregularidades preexistentes nas súas superficies, dende baches a atascos nas cunetas, produto do desgaste.

Coma se detallaba no proxecto de execución, nos tres viais efectuouse unha limpeza das marxes da vía para acometer posteriormente un aglomerado asfáltico de triple rego que mellora a pavimentación do camiño, amais de executar o reacondicionamento das bocas dos pozos de saneamento. A maiores destas actuacións, tamén se ampliou o ancho das vías para mellorar o tráfico e aumentar a seguridade vial favorecendo o cruce de vehículos.

As obras efectuadas en A Pena, Louseira e Os Castros, todas planificadas coamesma tipoloxía de intervencións e obxectivos, supuxeron un investimentototal de 113.821,08 euros, sufragados entre a Deputación da Coruña no seu POS+2024 e o Concello de Ares.

Despois destes tres camiños, dende a Concellaría de Urbanismo salientan que se ten previsto realizar a pavimentación de subida á Igrexa de Caamouco ata A Malata, limítrofe co termo municipal de Fene, e tamén o Camiño das Pedras, no núcleo de Ares.

Lea también

Última hora. Se aplaza en Cariño la jornada de calistenia por condiciones climatológicas adversas

El Concello de Cariño se ha visto obligado a posponer la jornada de iniciación a …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *