Se abre en Narón un prazo de consulta para modificar o Regulamento de Participación Cidadá

O pleno municipal do Concello de Narón, na sesión celebrada o pasado 31 de outubro de 2024, aprobou o Plan normativo anual do Concello de Narón para o exercicio do ano 2025, no que se prevía a elaboración de tres normas xurídicas, tal e como recordou a concelleira de Participación Cidadá, Olga Ameneiro.

Neste intre, atopándose en proceso de licitación a plataforma de Participación cidadá que permitirá xestionar o proceso de elaboración desas normas e a participación dos cidadáns e asociacións do municipio neses procedementos, e co fin de dar cumprimento ao acordado polo pleno, o Concello pon a disposición dos administrados na súa sede electrónica, o enlace https://run.gob.es/iyl9ed9d no que poderán incorporar suxestións e propostas a incluír na futura modificación do seu Regulamento de Participación Cidadá, con carácter previo á redacción do borrador desa norma xurídica polos servizos administrativos municipais.

Trátase dun trámite de consulta previa, sen prexuízo de que, unha vez redactado o borrador do texto dese regulamento, á vista das suxestións aportadas e admitidas, se abra un novo prazo de alegacións previo á aprobación inicial por parte do pleno desa normativa.

O actual Regulamento municipal foi publicado o 8 de abril de 2020, pretendéndose na actualidade adaptar esta normativa a actual situación social do Concello.

O prazo para presentar propostas será dende este xoves día 20 ata o 5 de maio deste ano, informou a concelleira de área.

Lea también

Escolares do CPR Ayala, gañadores das VI Olimpíadas Escolares de Seguridade Viaria de Narón

O equipo de alumnos de quinto curso de educación primaria do colexio CPR Ayala, os …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *