Protagonistas da emigración galega relatarán en As Pontes a historia detrás da mostra fotográfica «Nós tamén fomos emigrantes»

Socios voluntarios do Espazo +60 Afundación de Viveiro, emigrantes retornados, contarán este xoves 21 a estudantes do IES Castro da Uz das Pontes de García Rodríguez as historias que están detrás das fotos que conforman a exposición «Nós tamén fomos emigrantes. Fotografías da Axencia EFE sobre a emigración española no século XX».

IESS Castro da Uz

A iniciativa forma parte do programa «O valor da experiencia», de Afundación, que ten como obxectivo ampliar as posibilidades de participación e contribución das persoas maiores á colectividade, aproveitando o seu talento e coñecementos vitais e profesionais. A mostra é parte do proxecto «Corrente cultural», que impulsa a capilaridade da cultura en Galicia, ampliando as propostas alén das sedes de Afundación e ABANCA e que nesta ocasión se desenvolve en colaboración co Concello de Samos.

Na inauguración e visita guiada, que será no Edificio de Usos Múltiples Casa Doutor Dopeso, estarán, ademais das persoas voluntarias do Espazo +60 Afundación de Viveiro, Vicenta Taladrid, María Luisa Labayén e María Jesús Vargas, e dos 30 estudantes de 3º de ESO do IES Castro da Uz, a concelleira de Cultura, Xuventude, Innovación e Novas Tecnoloxías do Concello das Pontes de García Rodríguez, Lorena Tenreiro; o coordinador institucional de ABANCA na Coruña, José Manuel Vilariño; a directora de zona de ABANCA, Begoña Caamaño; a directora da oficina ABANCA das Pontes, Laura Valiño; a coordinadora de Relacións Institucionais de ABANCA, Verónica Rego; o coordinador do Espazo +60 Afundación de Santiago de Compostela, Álvaro Álvarez; e a coordinadora do Espazo +60 Afundación de Viveiro, Cristina Goas.

A exposición recolle unha selección de corenta fotografías da emigración, tanto española como galega, procedentes dos arquivos da Axencia EFE. O obxectivo é tratar de achegarnos a esa realidade histórica a través dunha síntese fotográfica das migracións mediante a mirada profesional e humana dos fotoxornalistas da época. Quedará exposta ao público no Edificio de Usos Múltiples Casa Doutor Dopeso das Pontes ata o vindeiro 20 de abril.

 

 

Lea también

Valdoviño participa con la comisión de la FEMP en la reunión sobre autocaravanismo organizada por la DGT

En condición de vocal de la Comisión de Transporte, Movilidad e Infraestructuras de la Federación …