Narón conmemorará o Día mundial da poesía cunha actividade programada para el sábado 22

O Concello de Narón conmemorará o Día da Poesía na Biblioteca cunha proposta que terá lugar este sábado, día 22, nas instalacións da Biblioteca municipal. A proposta, tal e como indicou a edil responsable da área, Olga Ameneiro, consistirá nun obradoiro no que se explicará aos participantes a técnica para compoñer poesía.

A actividade “#VersosdeBalda”, que dará comezo ás 11:00 horas, diríxese a persoas a partir de 5 anos, aínda que está pensada principalmente para participar en familia, co fin de compartir un tempo de xogo, creatividade e aprendizaxe.

Dende a Biblioteca recordaron que hai tempo que comparten nas súas redes sociais os #VersosdeBalda, composicións que crean a partir dos títulos de libros, xogando coa disposición e combinación das palabras para formar poemas.

Para participar é preciso ter o carné da rede de bibliotecas sen sancións pendientes. As prazas poden reservarse a partir de mañá martes, ás 16:00 horas, de xeito presencial na Biblioteca ou chamando ao número de teléfono 981 382 173.

Lea también

Odeón celebra el carnaval con una Fiesta Cantabaila inspirada en el cuento clásico de Hansel y Gretel

El Centro Comercial Odeón de Narón, organizará este lunes 16 de febrero una gran Fiesta …