A Deputación da Coruña destina 792.000€ para o persoal das oficinas municipais de turismo

Os 55 concellos beneficiarios, de menos de 50.000 habitantes, recibirán subvencións de entre 10.000 e 20.000 euros. “Con esta liña de axudas seguimos a reforzar a capacidade dos concellos para ofrecer un servizo turístico de calidade, garantindo unha atención profesionalizada que contribúa á promoción dos nosos recursos naturais, culturais e patrimoniais”, destaca o vicepresidente Xosé Regueira.

Fuente Diputación de A Coruña

Cincuenta e cinco municipios coruñeses  repartirán os 792.039 euros que a Deputación investirá no programa  DP0029, dirixido aos concellos e agrupacións de concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes para o financiamento do gasto de persoal das oficinas de turismo durante 2025. Os beneficiarios recibirán axudas de entre 10.000 e 20.000 euros.

“Con esta liña de axudas seguimos a reforzar a capacidade dos concellos para ofrecer un servizo turístico de calidade, garantindo durante todo o ano unha atención profesionalizada que contribúa á promoción dos nosos recursos naturais, culturais e patrimoniais, mellorando a experiencia dos visitantes e fortalecendo o sector en toda a provincia”, destaca o vicepresidente Xosé Regueira.

Segundo Regueira, “o turismo é un eixo estratéxico para a creación de emprego e a cohesión territorial, e estas axudas permitirán aos concellos máis pequenos manter equipos cualificados sen comprometer os seus orzamentos». O vicepresidente subliñou que o programa de subvencións “responde a un compromiso coa equidade territorial, xa que facilita que mesmo os municipios con menos recursos poidan competir nun sector clave para a economía provincial”.

«Co programa DP0029”, rematou, “non só garantimos servizos turísticos de calidade, senón que tamén favorecemos a creación e consolidación de postos de traballo. Apostamos por un turismo xestionado de forma profesional e sostible, con información accesible e adaptada ás necesidades de cada territorio».

A relación dos concellos beneficiarios pode consultarse e descargarse no BOP do 14 de marzo.

Lea también

Alerta amarilla en municipios del Miño de Pontevedra por temperaturas máximas desde el mediodía del sábado

Este sábado se producirá una subida de temperaturas generalizadas en la Península Ibérica, que también …