Enterro do «Momo» no barrio naronés de Piñeiros

A Sociedade Cultural Areosa celebra este sábado o tradicional “Enterro do Momo” co que remata este entroido 2025. O pasarrúas sairá ás 17:30 horas da Praza de Álvaro Paradela para percorrer a Estrada de Castela ata o Local Social de Piñeiros e nel participarán además da “comitiva do Momo” as comparsas Os Argalleiros, Troupele Troupele e Os Parrandolos.

Xa nas inmediacións do local social terán lugar as actuacións das comparsas e a continuación procederase á tradicional Queima do Momo. A entidade convida a toda a veciñanza a acompañalos neste fin de festa do entroido 2025.

Lea también

Luciano Fernández, galardoado nos IV Recoñecementos Escena Galega das Artes Escénicas

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro acompañou o director técnico do Padroado da Cultura, que …