Marín, acolle a celebración do Campionato de España de marcha en ruta e de Seleccións autonómicas que se levará a cabo este domingo 9 de marzo. Ao acto de presentación que tivo lugar lugar esta misma semana acudiron o Presidente da FGA Iván Sanmartín, o Presidente da Deputación provincial Luis López, a alcaldesa de Marín María Ramallo, o Secretario Xeral para o Deporte José Ramón Lete, e os marchadores internacionais Antía e Daniel Chamosa.

Na disputa destes campeonatos a nosa Selección Galega, terá oportunidade de seguir colleitanto e sumando podios e títulos á súa longa lista de éxitos.
A este campionato están chamados a participar os mellores marchadores de España, que lembramos, é unha das principais potencias mundiais da marcha nestes intres. Atletas da talla da campioa olímpica María Pérez así como das internacionais e medallistas tanto en campionatos de Europa como mundiais Laura García, Lidia Sánchez, Diego García ou Raquel González por citar tan só algúns, formarán parte do principal atractivo desta edición.
Marchadoras galegas e galegos
Entre a relación de marchadores galegos, estarán tomando parte a priori como principal referente, a olímpica Antía Chamosa, xunto ao tamén internacional Daniel Chamosa sobre a proba dos 20 Km. Carmen Escaríz podería estar sobre a línea de saída se consigue apurar a súa recuperación que a mantivo apartada a pasada tempada por unha serie de lesións.
A subcampioa mundial Sub20 e xoven promesa da marcha galega, Aldara Meilán, será outra das atletas a quen poderemos seguir moi atentamente o citado domingo 9 de marzo. Na categoría máster, o plusmarquista e campión mundial Juan Manuel Morales, parte como máximo referente galego nesta categoría.

Campionato de España de Federacións Autonómicas
De maneira paralela, practicamente todas as comunidades autonómas estarán tomando parte no Campionato de España de Seleccións para as categorías Sub-20 e Sub-16 que colocorán a Marín no epicentro do atletismo a nivel estatal.
Entre as mesmas, estará a Selección Galega, que aproveitará a ventaxa de local para seguir sumando podios e medallas tanto no colectivo como no individual, nunha edición na que terán moito que decir.
Consumada experiencia
O Concello de Marín conta cunha ampla experiencia na organización de eventos deste tipo. A gran tradición atlética, na que a Escola Naval Militar e o San Miguel de Marín xogan un papel fundamental, foi motivo suficiente para que nos últimos lutros se organizaran varios campionatos de Galicia, destacando a organización no ano 2016, con notable éxito, do Campionato de España de milla en ruta.