Ares promove unha campaña de concienciación sobre a recollida de deposicións dos cans

A edil de Medioambiente de Ares, Lucía Blanco, presentou este semana no consistorio a campaña que organizará nas vindeiras semanas na localidade dende a súa área de traballo, unha iniciativa de concienciación dos propietarios de mascotas para fomentar a limpeza de deposicións dos cans nos espazos públicos.

Co foco posto en mellorar a convivencia entre a veciñanza e a promoción de boas condutas, o Concello repartirá dende o martes, 4 de marzo, preto de 400 dispensadores de bolsas para a recollida dos excrementos das mascotas totalmente de balde, dispoñibles na entrada do consistorio aresán.

A campaña, que xa tivo unha primeira edición na lexislatura pasada por parte da Concellaría de Medioambiente con outro reparto de dispensadores de bolsas e a colocación de cartelería pola vila, implicará a maiores a produción e difusión de contidos nas redes sociais da institución con mensaxes centrados na sensibilización da veciñanza no tocante ó coidado das rúas e parques de Ares.

Lucía Blanco tamén presentou estas creatividades gráficas e salientou que a iniciativa “pretende contribuír á mellora desta problemática e á convivencia dos nosos veciños e veciñas, tendo en conta que é un acto obrigatorio de limpeza e seguridade en Ares, e así se estipulou na ordenanza municipal que impulsamos en 2020”.

Lea también

La mejor danza contemporánea de Galicia llega al entorno del albergue de Neda

Con la atención puesta en el tiempo, el Ayuntamiento de Neda ultima los preparativos para …