Chega a Neda o espectáculo “Historias soñadas” inspirado en Rosalía de Castro

O Concello de Neda programa este sábado 22, a partir das 12 horas, no marco das actividades especiais con motivo do Día de Rosalía, o espectáculo infantil “Historias soñadas”.  A obra de Trémola Teatro inspírase na vida e na obra da escritora máis recoñecida da literatura galega.

A biblioteca municipal acollerá esta proposta de narración oral, que forma parte do ciclo cultural “Lesme un conto?”. Os nenos e nenas, de tres anos en diante, que se sumen á iniciativa terán a oportunidade de descubrir, a través dunha fiestra, toda a maxia do mundo rosaliano.

A poesía e a música son tamén pezas centrais nesta aposta, que busca familiarizar aos máis pequenos da localidade a unha das figuras clave do Rexurdimento.

Pan e poesía

Xa por último, o domingo 23, xornada na que se conmemora o nacemento no 1837 da escritora, o Concello pon en marcha “Pan e poesía”. As persoas que se acheguen á vila a mercar o pan, emblema gastronómico de Neda, recibirán como regalo un marcapáxinas con poesía da autora.

Haberá cinco modelos con outros tantos poemas coñecidos da escritora, uns de Cantares gallegos e outros de Follas Novas. Entregaranse ata fin de existencias, nas panaderías que, de forma habitual, abren o seu despacho nesa xornada.

Lea también

Cariño se prepara para la celebración de una gran jornada festiva con fines solidarios

La Asociación Española Contra el Cáncer celebrará una comida solidaria en la Plaza Roja y …