‘Coidado do solo pelviano’ a próxima charla da Academia AresXSalud

As concellarías de Deportes e Igualdade de Ares organizan esta mesma semana a seguinte charla divulgativa no marco da Academia AresXSalud, o programa educativo totalmente de balde para que a veciñanza incorpore hábitos saudables na súa cotiandade.

A Alianza Aresana acollerá esta cuarta sesión o 21 de febreiro ás 19:00 horas, conducida desta volta polas fisioterapeutas do Centro de Saúde de Fene Paula Carpente Leira e Consuelo Castro Guerra, con formacións no chan pélvico hipopresivo.

‘Coidado do solo pelviano’ é o nome que recibe a charla divulgativa onde se afondará neste conxunto de músculos que se encontra na base da pelvis, coñecendo a súa relevancia e a importancia de coidalo, pero sobre todo o tipo de exercicios que se poden facer no día a día para fortalecelo.

A sesión educativa destínase tanto para mulleres coma homes e ten entrada libre, sen necesidade de reservar previamente.

Lea también

Escola Museo Vivo da Ramalleira de Valdoviño participa en Portugal en unas jornadas sobre recuperación de memoria escolar

El escritor Antón Cortizas, integrante del grupo de trabajo que impulsa la recuperación del centro …