Ferrol acolle o ciclo de cine «En galego, de película»

O Concello de Ferrol, en colaboración coa Coordinadora de Equipas de Normalización Lingüística e coa Secretaría Xeral da Lingua, celebran o ciclo de cine «En galego, de película», para alumnado de Ferrol e comarca.

No marco desta iniciativa, proxectaranse dúas películas no teatro Jofre: Un amor por descubrir e O soño da sultana. A primeira delas proxectarase o martes 11 de marzo e está dirixida a estudantes de bacharelato, ciclos formativos e ESO. Haberá tres sesións: unha ás 10:00 horas, outra ás 12:00 horas e unha última sesión ás 16:15 horas.

O soño da sultana proxectarase o mércores 12 de marzo ante alumnos de educación primaria, cunha primeira sesión ás 10:00 horas e unha segunda ás 12:00 horas.

Os centros de ensino interesados en asistir poderán realizar a inscrición desde o luns 17 ata o xoves 27 de febreiro, enviando un correo electrónico a gnl@ferrol.es.

Lea también

Equiocio, impulsado por la familia de Paloma Lago, aplaza un acto este viernes tras conocerse la denuncia a Villares

Equiocio, evento ecuestre promovido por la familia de la presentadora ferrolana Paloma Lago, ha remitido …