A Casiña dos Contos, un novo fogar para os libros en Ares no Parque Rosalía de Castro

O Concello de Ares vén de instalar recentemente un novo mobiliario urbano moi peculiar na área infantil ao carón do Parque Rosalía de Castro: trátase da Casiña dos Contos, unha minibiblioteca con libros infanto-xuvenís e de adultos para facer que a literatura chegue ao maior número de recunchos posibles.

Ata alí foi Alma Barrón, concelleira de Cultura, para ver o resultado desta Casiña que permitirá gozar de boas historias nunha contorna natural agradable. O seu funcionamento, segundo detallou a área que dirixe Barrón, é sinxelo: pódese coller calqueira conto que estea dentro, gozar del ao aire libre e devolvelo posteriormente á casiña.

Con todo, se o lector ou lectora se namora dalgunha historia, pode quedar co exemplar cun único requisito: que deixe no seu lugar outro libro, creando así unha cadea de préstamos entre a veciñanza aresá de xeito orgánico.

A iniciativa, promovida pola concellaría de Cultura, contribúe a contar cun novo espazo de fomento da lectura, malia que a Casiña dos Contos conleva tamén unha responsabilidade colectiva: a de coidala como se fose dun mesmo.

Lea también

Se inician en Valdoviño trabajos de mejora del firme de 18 viales y caminos

La Administración local invertirá más de 188.000 euros en las obras. El Ayuntamiento de Valdoviño …