Cerdido destina 197.000 euros do POS+2025 á mellora de camiños municipais

A achega provincial dirixirase a cinco proxectos de mellora e ademáis destinaranse 161,310.53 euros a gasto corrente.

O Concello de Cerdido aprobou na sesión plenaria desta semana a asignación de máis de 197.000 euros a diversas actuacións destinadas á mellora de accesos e camiños no municipio.

Así, os proxectos incluídos no POS+ 2025 contemplan as seguintes intervencións:

Mellora do camiño de Avispeira e Campo da Igrexa (Os Casás), cun investimento de 31.380,07 euros.

Mellora do viario en Rioforcado, cunha achega de 32.542,41 euros.

Acceso a Porto do Cabo, cun orzamento de 33.070,29 euros.

Mellora do viario Díaz Freis, cun investimento de 52.792,03 euros.

Ademais, o goberno local inclúe no Plan Complementario 2025 a mellora do viario de Cruz dos Novás, cunha partida reservada de 47.995,71 euros.

A achega provincial prevista na liña do POS+ 2025 complétase cunha asignación de 161.310,53 euros, que se destinarán a gasto corrente.

Lea también

Continúan as melloras en As Pontes na pista do Bidueiro

O Concello das Pontes ten previsto continuar coa mellora a pista do Bidueiro (fase 3), …