Fene denuncia novos actos vandálicos nas pistas de atletismo de Barallobre

O Concello de Fene vese na obriga de retirar as casetas situadas nas pistas de atletismo de Barallobre debido aos reiterados actos vandálicos que levan sufrindo nos últimos meses. A estrutura apareceu novamente co mobiliario esnaquizado, malia que xa foran denunciados ataques anteriores.

O concelleiro de deportes, Adán Chao, visitou as instalacións para facer unha valoraicón e lamentou a situación, subliñando que “estes actos vandálicos non só deterioran un espazo público pensado para uso e desfrute da veciñanza, senón que tamén supoñen un custo adicional para o concello”.

O edil explicou que, ante a imposibilidade de garantir a súa seguridade, «vémonos na obriga de proceder á súa retirada para evitar máis danos».

O Concello de Fene reitera o seu compromiso co mantemento das instalacións deportivas municipais e fai un chamamento ao civismo para preservar os espazos públicos.

Lea también

El Concello de Valdoviño invertirá este verano cerca de 30.000 euros en el servicio diario de limpieza de playas

El servicio de limpieza de playas arrancaba la pasada semana en Campelo, O Río, O …