Un «Máster» autonómico de Atletismo con peso internacional en Expourense

Os máster serán os protagonistas da xornada deste sábado en Expourense onde preto de catrocentos inscritos e inscritas estarán tomando parte no seu XX Campionato Xunta de Galicia de Atletismo Máster en Pista Curta.

Fuente Federación Galega de Atletismo

Na relación de inscritas estarán algunhas das medallistas dos pasados campionatos tanto europeos como mundiais desenvoltos o ano pasado. Entre elas atópase a plusmarquista e trimedallista mundial do 2024 en Gotemburgo, Esther Pedrosa do Dawako At. na categoría F60 a quen poderemos ver nos 1.500 metros.

Montserrat Fernández do Atletismo Sada na categoría F55 -quen lograba o campionato de Europa de remudas 4×200 m. en Polonia o pasado mes de marzo- será tamén outra das que estén en  Expourense nas probas dos 60 m. e 200 m.

Pola súa banda Ángeles Rodríguez de o At. Sada logo do seu bronce nos pasados mundiais, estará compitindo no concurso de peso e nas probas dos 200 m. e 3000 m. sobre a categoría F65

De igual modo destacamos a presenza dos campións de España do Atletismo Sada Daniel Giménez, quen estará competindo no concurso de altura na M45, e de Xulio Ventín quen fará o propio no concurso de pértega na M60. Sen abandoar esta última modalidade, a tamén campioa de España Bea Viteri do Samertolameu na F35, intentará revalidar o título galego do ano pasado.

Para rematar, tanto Helena Rey da Gimnástica en peso na F50 como Amalia San Martín do Egovarros de Viveiro na F75 nos 200 m., serán outras das atletas medallistas a quen poderemos seguir este sábado a partir das 10:00 horas.

Lea también

AECC y el deporte se unen de nuevo para alcanzar el 70% de supervivencia al cáncer

La Asociación Española Contra el Cáncer apuesta de nuevo por la iniciativa «Brazaletes de esperanza» …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *