Educación apoia unha nova edición en Ferrol do programa Emprende Xove Minimarket

A directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, mantivo esta semana unha reunión coa presidenta da Asociación de Novos Empresarios de Ferrolterra, Alma Yadira Tenreiro. Na xornada, concretouse a implicación da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional no programa Emprende Xove Minimarket 2025, que se desenvolverá en marzo en Ferrol, co obxectivo de promover novas iniciativas empresariais.

Durante o encontro, tamén abordouse o convenio que asinarán a Xunta e a Asociación nos vindeiros meses, co propósito de reforzar o emprendemento entre o alumnado galego. A directora xeral subliñou a importancia da colaboración con esta entidade, destacando as actuacións que buscan impulsar os viveiros de empresas na zona.

Ademais, tamén valorou o papel esencial da organización no asesoramento e na procura de financiamento para proxectos empresariais emerxentes.

Lea también

La Asociación de Personas Sordas de Ferrolterra refuerza la formación de su voluntariado

La Asociación de Personas Sordas de Ferrolterra (AXF) celebró recientemente una jornada de formación dirigida …