A Deputación colabora con Cáritas en proxectos de inserción laboral e apoio socioeducativo

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, destacou esta semana o gran traballo que desenvolve Cáritas no ámbito da inserción laboral e apoio ás persoas máis desfavorecidas.

Fuente Diputación de A Coruña

A Deputación colabora con Cáritas en proxectos de inserción laboral e apoio socioeducativo a menores en situación de risco social

O presidente da Deputación visitou a sede de Cáritas na rúa Violetas da Coruña, onde foi recibido pola directora da entidade, Pilar Farjas, a directora interparroquial, Dolores Ribas e o responsable do Centro de Formación, Luís Sangiao, que explicaron polo miúdo ao presidente os distintos programas que desde hai décadas desenvolve a sede coruñesa de Cáritas no ámbito social.

Fuente Diputación de A Coruña

“Un gran traballo que contribúe a mellorar a vida de moitas persoas en situacións especialmente vulnerables e do que nos sentimos orgullosos de poder colaborar dende a Deputación da Coruña”, aformou Formoso, que se interesou pola demanda e desenvolvemento dos programas que financia a Deputación a través das liñas de subvencións para entidades sociais e polas necesidades que detecta Cáritas para novas iniciativas no ámbito social.

En concreto, a Deputación da Coruña financia este ano con 30.700 euros dous programas sociais de Cáritas. O primeiro deles, o proxecto Integra-TIC-Itinera está orientado ao desenvolvemento de itinerarios personalizados de inclusión sociolaboral e este ano atendeu a 1.523 persoas, realizando máis de 4.000 atencións entre orientacións, derivacións a ofertas de emprego, formacións e obradoiros de capacitación laboral, parte deles destinados á adquisición de competencias dixitais básicas, fundamentais para a inserción laboral.

Fuente Diputación de A Coruña

O segundo proxecto que conta co apoio económico da Deputación e o Espazo Agarimo, un espazo de atención psicoeducativa dirixida a menores en situación de especial vulnerabilidade ou risco social desde o que se ofrecen os recursos para romper o ciclo da pobreza na infancia e adolescencia. Conta con programas de reforzo educativo e orientación académica co obxectivo de reducir o abandono escolar temperán, programas de apoio socioeducativo e de intervención familiar.

Fuente Diputación de A Coruña

Os responsables de Cáritas reclamaron a colaboración das administracións para distintas melloras estruturais que precisa o edificio no que se atopa súa sede en canto a filtracións de auga e defectos no illamento.

“A Deputación vai estar ahí, temos que estar a altura das circunstancias e espero que as outras administracións tamén e que ovindeiro ano poidamos vir aquí a visitar un local en condicións dignas para os usuarios e os traballadores e voluntarios de Cáritas”, afirmou o presidente provincial.

Lea también

CNC considera “prácticamente nulo” el impacto de la huelga general en el sector de la construcción

La Confederación Nacional de la Construcción (CNC) informa de que la huelga general convocada para …