Moeche instala unha decoración de Nadal comunitaria

O Concello de Moeche e máis de 20 negocios de diferentes puntos do municipio uníronse para ofrecer unha decoración de Nadal igual nos espazos onde se sitúan. 
 
 
Acordouse unha decoración  sinxela e igual para colocar nas portas dos negocios adheridos a esta iniciativa. Deste xeito, aparece unha pequena árbore natural  adornada e, á noitiña, iluminada en todos estes negocios e nas proximidades da Casa do Concello, co fin de ofrecer unha acolledora imaxe de Nadal.
 
O Concello, ademais desta nova decoración común,  acendeu a iluminación das árbores fronte ao Concello e instalou, nos xardíns da casa consistorial as figuras e casas de madeira que veciños voluntarias axudaron a construír estes anos.                       
 
Locais adheridos: Xambas, Ubaldo-A Tendiña, Talleres Amor, Galrecambios, Super O Cruce, A Terraza, Oficina Técnica Ámbita, Talleres Muiño, Big Mat Sueiras, Agromera, Podoloxía C. Bernabeu, Aloxamento turístico  A Casa da Concha, Lavandería La Colada, Farmacia Moeche, A Neta de Eva, A Tenda de Iria, Peluquería Elsa, Oficina Banco Santander Casa Pena, Mesón O Campo, Peluquería Juan e AgroGizma.  O Concello agradece a todos os que se sumaron a esta sinxela iniciativa e moi especialmente a quen axudou na xestión.

Lea también

Ence obtiene 24,7 millones del Perte de Descarbonización para su planta de fibra reciclada blanqueada en As Pontes

El proyecto se ubica en los terrenos industriales de la antigua central térmica de carbón …