A concellaría de Deportes vén de anunciar a posta en marcha do proceso administrativo da próxima ruta SendAres, o programa de sendeirismo do Concello.
A inscrición telemática debe formalizese a través da páxina web www.concellodeares.gal .
A paisaxe de Ares protagonizará este terceiro itinerario, achegándose ás rutas costeiros habilitadas polo Concello na súa rede municipal de sendeirismo. Dende a praza da Igrexa até o Castro de Santa Mariña, espectaculares calas e miradoiros naturais abriranse aos ollos dos sendeiristas, para logo regresar polo interior á vila.
O percorrido desenvolverase ao longo da xornada do domingo 15 de decembro, cunha distancia aproximada de 12 quilómetros e unha dificultade baixa. O prezo é de 5 euros e inclúe servizo de guía e seguros. Saírase a pé ás 9:00 horas da praza da Igrexa e voltarase ó núcleo urbano de Ares preto das 13:00 horas.
A concellaría de Deportes asignou 30 prazas para a actividade que se cubrirán por orde de inscrición, primeiro empadroados nunha marxe de 24 horas e posteriormente non-empadradoados ata o 6 de decembro ás 14:00 h. ou, de darse o caso, ata o seu esgotamento.