Itziar Manso e Manuel Lorenzo, campións galegos de media maratón

Itziar Manso do Ourense Atletismo cun crono oficial de 1h.23:23 e o atleta do C.D. Pinarium Manuel Lorenzo con 1h.11:10, convertéronse claramente nos campións galegos absolutos de media maratón na edición desenvolta este pasado domingo no Concello de Vilagracía.

Fuente Federación Galega de Atletismo

Xunto aos gañadores, da proba ocuparon postos de podio Sara Castillo do Club Corredoiras a vinte segundos da gañadora sendo a terceira posición para Patricia Varela do A.C. Cerne con 1h.25:15. En homes a prata foi para Marcos Oro do At. Arenteiro con 1h.12:35, e o bronce para Alvaro Prieto do at. Corredoiras quen entraba en meta a dous minutos doce segundos do gañador.

Campionato galego de clubs

No tocante á clasificación por clubs foi a Sociedade Deportiva Compostela a que escalaban un posto en relación ao ano pasado e lograban o título autónomico na categoría feminina. En homes o campionato galego foi parar ao Clube Deportivo Pinarium, que de paso no individual, voltaba para Marín con cinco metais.  Fisioterapia San Lázaro e Atletismo Noia en mullres e At. Arenteiro e At. Corredoiras en homes, compartiron o podio por conxuntos.

A entrega de trofeos, que estivo presidida polo alcalde de Vilagarcía Alberto Varela e a Secretaria da FGA Yolanda González, daba os títulos de campións e campioas galegas aos seguintes atletas:

Sub23. Xosé Pérez (At. Arenteiro)

Sub20. Carolina Santos (RIA Ferrol) e Saúl Benítez (El Canario)

Máster 35. Sara Castillo (At. Corredoiras) e Cristian Expósito (Naútico)

Master40. Sofía Freaza (Comesaña S.C.) e Álvaro Prieto (At. Corredoiras)

Máster45.Ana Soutullo (Ourense At.) e Alejandro Pesado (ADAS CUPA)

Máster50. Soledad Leiro (SD. Compostela) e Jordi Carrasco (CD. Pinarium)

Máster55. Manuela Rodríguez (La Purísima) e Santiago Falcón (At. Cambados)

Máster 60. Begoña Ramos (Entrenarunning) e José Suárez (SD. Compostela)

Máster65. Carmen Rodríguez (SD.Compostela) e Manuel Suárez (Vet. Samil)

Máster70. Gonzalo Vázquez (Esprintes Ou.)

Máster75. Roberto Rey (Vet. Samil)

Máster80. Julio Constenla (At.+9 Moraña)

Lea también

El Racing de Ferrol busca afianzarse ante el CD Eldense

El Racing de Ferrol juega este domingo 1 a las 18:30 horas, en el Nuevo …

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *