Iniciadas en Pontedeume as obras da envolvente térmica da piscina municipal

No 2025, está prevista outra partida de 300.000 euros para a primeira fase da reforma integral das instalacións.

O Concello de Pontedeume informa do comezo das obras para impermeabilizar a cuberta e mellorar a envolvente térmica da piscina municipal.

“Unha actuación necesaria e que suporá un investimento de 60.000 euros”, explica Daniel Ríos, concelleiro de Urbanismo. O concello ten previsto tamén realizar no 2025 a primeira fase da reforma integral da piscina, cun orzamento que ronda os 300.000 euros.

Á marxe destas actuacións de maior envergadura, “nas próximas semanas chegarán novas máquinas para o ximnasio, cun importe próximo aos 20.000 euros”, explica o concelleiro de Deportes, Joshua Dopico.

Lea también

La Diputación da Coruña licita la creación de un camino ciclable en la batería de Campelo

Tras quedar desierta una primera licitación, se abre de nuevo el proceso para la presentación …