Faiados os gañadores do concurso de microrrelatos #HoxeEscriboEn 2024

Xa se coñecen os gañadores do 12º Concurso #HoxeEscriboEn Relatos para viaxar polos concellos da provincia da Coruña, convocado pola Biblioteca Provincial e o departamento de Turismo da Deputación.

Fuente Diputación de A Coruña /Reunión xurado HoxeEscriboEn

O primeiro premio foi para Mónica Rodríguez Romero, por Ecoglita, a rocha ventureira (referido ao Concello de Cariño); o segundo, para María Arcos Cebreiro, por Amar ata esmorecer (Rianxo), e o terceiro, para Alba Sánchez Ares, por Fin da Terra (Fisterra).

Nesta edición, á que se presentaron 126 microrrelatos chegados de 45 concellos da provincia da Coruña, o xurado estivo presidido polo vicepresidente e titular de Turismo da Deputación, Xosé Regueira, e formado polas vogais Maite Loureiro, xefa de Servizo de Turismo; Paula Cabado, técnica da Turismo, e Patricia Cernadas, especialista en literatura. Actuou como secretaria María Lema, técnica da Biblioteca Provincial.

De Ecoglita, a rocha ventureira, o comité avaliador destacou “o seu estilo fluído, orixinalidade, creatividade e calidade literaria, así coma a posta en valor do patrimonio natural no Xeoparque Cabo Ortegal”.

De Amar ata esmorecer, no que son protagonistas Rafael Dieste e Castelao, o xurado valorou “a narración desde unha perspectiva de voz feminina, cunha gran calidade literaria onde se reflicte o patrimonio cultural e a historia local de Rianxo”.

Radio Fin Da Terra é, argumenta o xurado, “un microrrelato escrito con ironía e humor ambientado en Fisterra; un traballo da fin da terra orixinal e cunha adaptación da historia local con toque de  humor”.

Ademais da noite para dúas persoas da que desfrutarán os vencedores nun establecemento da provincia, con cea e almorzo incluídos, sortearanse 30 lotes de produtos gastronómicos entre os textos mellor valorados polo xurado, quen destacou “a calidade dos traballos presentados, acordes á temática, e a alta participación, cun aumento no número de concellos participantes, máis da metade de todos os da provincia”.

Con #HoxeEscribo, a Biblioteca Provincial e o departamento de Turismo da Deputación queren fomentar o talento creativo, animar a escribir e a ler e  difundir do patrimonio cultural e turístico dos concellos da provincia da Coruña, axudando así a sensibilizar sobre o patrimonio cultural, natural e medioambiental de cada un e a importancia de preservalo.

Lea también

Más de 1.500 escolares participarán en Ferrol en la celebración del 300 aniversario del Ferrol Ilustrado

Más de 1.500 escolares de la ciudad participarán el próximo viernes 8 de mayo en …